luns, 2 de novembro de 2015

SAMAÍN!


Esta semana celebramos o Samaín no colexio, aínda que o día grande foi o XOVES.





Comezamos o luns co concerto de Samaín "Cántoche un conto?", de Luis Vallecillo, para o que levamos unha máscara de ollos terroríficos para dar moito medo!











Durante a semana nenos e nenas trouxeron cabazas feitas na casa (e que formaron parte da exposición de cabazas). Mirade que chulas:










O   mércores tivemos contacontos de medo coa profe Pilar e unha bruxa...que convertía en ratos aos nen@s que non estaban caladiños!






E o xoveees.... disfrazámonos! Mirade, mirade:

                  Tamén cantamos e bailamos a canción do Samaín co resto de nenas e nenos do colexio, aprendimos unha adiviña sobre as cabazas e rematamos as nosas arañas!(na casa podemos coser e descoser a telaraña as veces que queiramos!). Antía trouxo un doce para compartir, e Amanda lambonadas para tod@s: MOITAS GRAZAS AS DÚAS!:D

1 comentario:

Luis Vallecillo dixo...

Aínda estou tremendo con esas máscaras que tiñades o día da actuación, porque daban moito moito medo. Eu tamén o pasei moi ben. Bicos e apertas