domingo, 8 de novembro de 2015

SAÍDA!

     Esta semana fixemos unha saída a AFundación, para visitar a exposición "Eu tamén son un súper heroe". 
       Na exposición explicáronnos como se fan as películas de debuxos animados! Ensináronos todo o proceso: primeiro hai que ter unha historia para poder comezar a debuxar aos personaxes. Logo debemos darlle cor ao debuxo, crear o fondo e xuntando moitos debuxos con diferentes movementos creamos a película, como en Spirit. Tamén nos ensinaron como se fan as películas de debuxos con marionetas, foi moi interesante!
          No taller, cada un de nós, creou o seu súper heroe ou súper heroína con gomets e debuxou onde quería estar (algúns en Marte,  outros na praia, nunha árbore, nunha montaña, na casa...houbo variedade!).

         Tamén aprendemos como temos que comportarnos nos museos e vimos a primeira película de debuxos animados da historia.Tiña arredor de 200 anos!

Ningún comentario: