domingo, 13 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA E ANIVERSARIO DE ADRIANA!

Esta foi a “semana da prensa”, por iso achegamos periódicos á aula e  falamos deles: para que se usaba, quen os facía, os seus formatos… e vimos que había noticias de aquí (locais), de Galicia, de España…e de todo o mundo! Tamén atopamos diferentes apartados no periódico: o de deporte, o do tempo e un dos que máis nos gustaron…os pasatempos!
            Descubrimos as 3 partes dunha noticia: o título, a fotografía e o corpo. E para demostrar o ben que o sabíamos buscamos noticias por parellas e rodeamos as súas partes . E o luns…esperamos as noticias de cada golfiño!!!!

prensa - Kizoa Movie Maker


           Tamén foi o aniversario de Adriana, quen apagou as 6 velas dun só soprido!!Trouxo unha riquísima torta caseira e todas e todos a felicitamos, tirámoslle das orellas e démoslle bicos e apertas! PARABÉNS RULIÑA!:D


martes, 8 de marzo de 2016

Aniversario de Yago e Día Internacional da Muller!

Hoxe foi o aniversario de Yago, que celebramos no cole con torta, chuches, bicos, abrazos, felicitacións e tirón de orellas! PARABÉNS GOLFIÑOO!

 Tamén conmemoramos o Día Internacional da Muller e coñecimos a Susana Seivane: unha muller traballadora e gaiteira famosa. Limos un pouco da súa biografía, escoitámola tocar e completamos o díptico que levamos para casa! (acordando tamén darlle bicos a abrazos a todas as mamás, traballadoras todas elas!)