mércores, 25 de novembro de 2015

Unha "l" chea de palabras...

          A semana pasada comezamos a traballar coa letra ele ("l"). E entre outras actividades, creamos esta "ele minúscula" con todas as palabras que cada golfiñ@ dixo. Aínda faltan algúns por pasalas ao ordenador, pero mirade como está quedando:

(elaborado a través de tagxedo)

venres, 20 de novembro de 2015

Contacontos coa Dragona Ramona


     Este mércores visitounos a Dragona Ramona! Tróuxonos un conto que nos gustou moito. Fixemos un trato con ela e cada neno e nena tiña que contarlle o conto (un anaco, podendo inventar...) a unha persoa. Elaboramos un debuxo para axudarnos a contalo. Espero que os Golfiñ@s cumpriran coa misión e todos os papás e mamás escoitaran a historia!

   Tamén nos invitou a ir á Biblioteca de Vilaboa para visitala e pasar un fantástico rato rodeados de contos!

xoves, 19 de novembro de 2015

MAGOSTO!


     O pasado venres celabamos o Magosto no colexio. Pasámolo moi ben cantando a canción que aprenderamos; afinando a nosa puntería no xogo de encestar a castaña, pero sobre todo...comendo castañas! Como nos puxemos!  

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox

         Esta semana tamén fixemos as nosas castañas andareiras, e Ana e Serki inventaron un conto que nos contaron a todas e todos. Mirade, mirade:



O fin de festa non puido ser mellor, con boa música:

domingo, 8 de novembro de 2015

SAÍDA!

     Esta semana fixemos unha saída a AFundación, para visitar a exposición "Eu tamén son un súper heroe". 
       Na exposición explicáronnos como se fan as películas de debuxos animados! Ensináronos todo o proceso: primeiro hai que ter unha historia para poder comezar a debuxar aos personaxes. Logo debemos darlle cor ao debuxo, crear o fondo e xuntando moitos debuxos con diferentes movementos creamos a película, como en Spirit. Tamén nos ensinaron como se fan as películas de debuxos con marionetas, foi moi interesante!
          No taller, cada un de nós, creou o seu súper heroe ou súper heroína con gomets e debuxou onde quería estar (algúns en Marte,  outros na praia, nunha árbore, nunha montaña, na casa...houbo variedade!).

         Tamén aprendemos como temos que comportarnos nos museos e vimos a primeira película de debuxos animados da historia.Tiña arredor de 200 anos!

luns, 2 de novembro de 2015

SAMAÍN!


Esta semana celebramos o Samaín no colexio, aínda que o día grande foi o XOVES.





Comezamos o luns co concerto de Samaín "Cántoche un conto?", de Luis Vallecillo, para o que levamos unha máscara de ollos terroríficos para dar moito medo!











Durante a semana nenos e nenas trouxeron cabazas feitas na casa (e que formaron parte da exposición de cabazas). Mirade que chulas:










O   mércores tivemos contacontos de medo coa profe Pilar e unha bruxa...que convertía en ratos aos nen@s que non estaban caladiños!






E o xoveees.... disfrazámonos! Mirade, mirade:

                  Tamén cantamos e bailamos a canción do Samaín co resto de nenas e nenos do colexio, aprendimos unha adiviña sobre as cabazas e rematamos as nosas arañas!(na casa podemos coser e descoser a telaraña as veces que queiramos!). Antía trouxo un doce para compartir, e Amanda lambonadas para tod@s: MOITAS GRAZAS AS DÚAS!:D

ANIVERSARIO CARLA!:D