venres, 26 de febreiro de 2016

Parabéns Laura!

Hoxe foi o aniversario de Laura, pero non puido vir ao cole porque esta enferma. Ao telo apuntado no calendario, acordámonos e gravamos este vídeo para poder felicitala no seu día! 
PARABÉNS RULIÑA!


xoves, 25 de febreiro de 2016

Experimentando coas cores coa profe Eva!

Esta semana experimentamos coas cores coa profe Eva. Isto xurdiu a partir da lectura do conto "Brancos e negros" de David McKee. Primeiro limos este conto e falamos sobre os conflictos, as relacións, a tolerancia, a convivencia... Tamén fixemos unhas actividades lim del. Pulsando AQUÍ accededes ao conto e as actividades para poder escoitar a historia e facer as actividades de novo. 


 Pensar en como acabaran sendo grises os netos dos elefantes que se meteran no bosque deu pé ao experimento... E esta semana: 


 1. A profe Eva presentounos as cores primarias: azul, vermella e amarela.








2. O encargado (Alex S.) botou auga (que como vimos, é incolora) e témperas destas cores en tres botes e removeu.
3. Collimos papel absorbente (que como dixeron "bebe el agua") e os enrollamos.
4. Colocamos 3 botes vacíos e comunicamos co papel enrollado os botes con pintura cos vacíos, como na foto:
5. E fumos pacientes e esperamos... 6. Esperamos un pouco máis e a mañá seguinte...formáronse novas cores! Fixemos de 3...6!


MOITAS GRAZAS PROFE EVA! 
GUSTOUNOS MOITO!:D

mércores, 24 de febreiro de 2016

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro, na data do seu nacemento. Para conmemoralo, todos os cursos elaboramos unha flor e ensaiamos o poema "eu cantar, cantar, cantei", feito canción por Uxía no seu libro-disco "Rosalía pequeniña". O tempo deunos unha tregua e puidemos saír todas as nenas e nenos do cole a cantar xuntos, levando a nosa flor na man. Nós, @s golfiñ@s, fixemos unhas rosas que quedaron ben xeitosas! Mirade, mirade:

sábado, 20 de febreiro de 2016

Visita de "Arcos Iris" e aniversario de Alex S.!

          O venres tivemos a sorte de poder asistir ao concerto do grupo de corda  "Arcos Iris". Fíxose no noso cole e tamén asistiron os nenos e nenas do CRA de Culleredo. A través da súa música fixéronnos sentir diferentes emocións (medo, alegría, tristeza); trasladáronnos á praia e tocáronos unha peza do ballet da "Bella durmiente" de Tchaikovsky (foi do que máis nos gustou!). Tamén nos tocaron unha nana e remataron proporcionándonos alegría e enerxía con "viva la vida". Foi un concerto moi chulo! 

Este 19 de Febreiro tamén foi o aniversario de Alex S. e da súa irmá Claudia. Parabéns para os dous!:D Na aula o celebramos cunha riquísima torta, soprando as velas, con tirón de orellas, cancións e felicitacións!

domingo, 14 de febreiro de 2016

Aniversario de Amanda e André!

O último día de Xaneiro Amanda estivo de aniversario, e tod@s os Golfiñ@s a quixemos felicitar! Parabéns ruliña!


 Á volta das vacacións de Entroido, a 11 de Febreiro, André tamén cumpriu 6 anos! Parabéns golfiño!

venres, 12 de febreiro de 2016

O ENTROIDO

O espírito do Entroido foise apoderando de nós durante toda a semana pasada cos “Mandadiños do Meco”.


Tamén fixemos uns antefaces xogando coas cores e a simetría. Quedaron chulísimos!

O venres convertémonos en tenistas! Tivemos unha degustación de produtos do Entroido co resto de compis de infantil; fixemos o desfile e bailamos a nosa canción  para todo o cole e as familias que acudiron! 

Celebracións e saídas...O Día da Paz

       Tiñamos o blog un pouco abandonado…coa de cousas que fixemos estas dúas semanas! Houbo aniversarios, celebracións, saídas…polo que imos a poñervos ao día:
O DÍA DA PAZ 
     O 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e a Non Violencia. Cada aula elaborou un papavento e practicou a canción de “No dudaría” de Antonio Flores. O venres xuntámonos todo o cole: levamos os papaventos pola Paz, intentamos facelos voar e cantamos a canción de Antonio Flores.Foi unha bonita conmemoración!
Na aula tamén falamos sobre a Paz e usamos a nosa creatividade para imaxinar os “SENTIDOS DA PAZ”.