Este ano tamén estamos traballando coa arte
Comezamos no anterior trimestre coñecendo e experimentando con diferentes técnicas:
..1º- O ESGRAFIADO
2º. Xogando coas
dimensións da nosa man
3º- Pintando en
diferente tipo de papel: pintamos un pez en papel de aluminio
4º-Pintamos con cores fluorescentes unha paisaxe:
As Fragas do Eume
E
este trimestre coñecimos a Henri Matisse, a través do conto “Las tijeras de
Matisse”, de Jeanette Winter. Gustounos moito e decidimos buscar en internet
máis cousas deste pintor.
Tamén fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar os títulos de diferentes cadros de Matisse, para o que tivemos que fixarnos moito en que se vía no cadro, que cores había…e estivemos moi cerca de dicir os títulos exactos!! Pero só nalgúns, porque outros como o do caracol, sorprendeunos...
Pero nós tamén somos artistas e quixemos “pintar con tesoiras” como facía el, polo que nos puxemos mans a obra! Cada un creou o seu cadro de forma libre e tamén lle tivo que poñer o título. Mirade que exposición tan xeitosa fixemos con todas as creacións

Pintando con tesoiras - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Por último pintamos de pé, con pincel (como facía el ao comezo) unha das súas obras máis famosas: A DANZA. Así de fermosa quedou:
Ningún comentario:
Publicar un comentario