A semana pasada tivemos unha saída que
nos gustou moito...FOMOS A PANADERÍA
CARNOEDO!!!!Alí ensináronnos
todo o proceso de elaboración do pan.
Primeiro preparáronnos para ser panadeiras e panadeiros:
En segundo lugar, fixemos boliños de pan con formas creadas por nós: houbo
caracois, flores, corazóns, peixes.... E Pablo ensinounos como facer pan de
chocolate!
Logo tivemos que poñer os boliños nunha máquina
que daba calor para que a masa crecera. Mestres, fixemos o pan como se facía
tradicionalmente: coas nosas mans. Botamos os ingredientes (fariña, levadura,
auga e sal), mesturamos ben e amasamos.

Como xa pasara un tempiño fomos ver se
creceran o pan con diferentes formas e...que cambio!Como medraran!Xa estaban
listos para ir ó forno!
Por último,
elaboramos unha torta doce, para o que tivemos que mesturar á masa do pan con
ovos e azucre, María e Pablo botaron os ingredientes na amasadora e
puidemos ver como traballaba, cos seus grandes brazos de metal.
Para facer cada torta
empregamos o rodillo e como toque final botáronlle aceite e azucre,
Despois de
tanto traballar sentámonos a descansar, déronnos de beber (porque estabamos sedentos),
fomos o baño e falamos un pouco.
Puidemos ver como sacaban os boliños e tortas do forno. E despois de esperar un anaquiño a que enfriara...tod@s probamos pan de chocolate!Que rico estaba!
Puidemos ver como sacaban os boliños e tortas do forno. E despois de esperar un anaquiño a que enfriara...tod@s probamos pan de chocolate!Que rico estaba!
Aquí tedes todas as
fotos:
O día seguinte decidimos facerlle unha
carta a Pablo e a María para darlle as grazas polo ben que se portaron con nós,
pola súa paciencia e por todo o que nos ensinaron. Tamén decidimos facerlle
debuxos da experiencia.
MOITÍSIMAS GRAZAS MARÍA E
PABLO!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario