Comezamos celebrando a semana
do libro facendo "madriñas e padriños lectores", unha actividade na
que participou todo o centro, onde os máis maiores léronlle contos aos
máis pequenos. Nós estivemos cos nenos e nenas de 4º. Léronnos unha morea de contos!
Por outro lado, este ano conmemoramos no cole o IV
CENTENARIO DA MORTE CERVANTES. Primeiro coñecemos a Cervantes e o seu libro
máis importante: O Quixote. Descubrimos a historia dos muíños e xogamos con Don
Quixote e Sancho. Pinchando AQUÍ podedes acceder á historia e xogos que
fixemos.
Tamén subimos á biblioteca, onde os nenos e nenas de 3º de
EP nos leron un fragmento desta obra. Fixérono de marabilla e gustounos
moito!

Asistimos ao
contacontos "Feliz Feroz. O lobo riquiño". Leandro dixo que foi un
dos contos que máis lle gustaron, e a maioría de nós coincidimos con el.
Pero ademais de
escoitar e ler contos...tamén podemos crealos! E iso foi precisamente o que
fixemos:
1- Collemos palabras do peto e saíron estas tres: GUSANO, MAGO e CARACOL.
2- Con elas tivemos que inventar unha historia. Cada grupo inventou unha parte, da que tiña a palabra inicial (HABÍA UNHA VEZ...DESPOIS....DE REPENTE...E FINALMENTE).
3-Invetaron a historia, fixeron o conto (título, ilustracións, texto...) e hoxe a contaron e se grabaron. MIRADE O BEN QUE O FIXERON;

Ningún comentario:
Publicar un comentario