O luns celebramos
o Festival das Letras Galegas (que tiveramos que atrasar polo mal tempo).
Entregáronse os premios do concurso de relatos e escoitamos os poemas recitados
polos compañeir@s de primaria. Logo, tod@s xuntos cantamos a "canción do
burriño" e finalizamos o acto co Himno Galego.
Este ano dedicouse o
día das Letras Galegas a Manuel María, a quen coñecemos un pouquiño lendo uns
pósters informativos que tiñamos no cole. Tamén limos algúns poemas seus e o
conto de "Os bigotes de Mimí", un gato que nos gustou moito...por iso
cada un fixo o seu Mimí cos seus bigotes de cores!(quedaron moi chulos aínda que non teña fotos!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario