Esta semana estivemos preparando estes pequenos agasallos (sen
contarvos nada) para regalarvos. Están feitos con moito cariño polo que...esperamos
que vos guste!!:D
Este é o blog dos nenos e nenas de 6º A de Educación Infantil do C.E.I.P. Ría do Burgo.
luns, 16 de maio de 2016
venres, 13 de maio de 2016
mércores, 11 de maio de 2016
ANIVERSARIO DE SANTI!!
Cando comezou o mes de maio, collemos
o golfiño de aniversarios e anotamos no calendario o único neno
que cumpría anos neste mes da lingua. Todas e todos foron contando os días ata que
chegou o 11 e.... Santi cumpriu 6 anos. PARABÉNS GOLFIÑOOO!!
Trouxo piruletas e
unha torta con forma de peixe para convidar a todos os compis e soprar as velas
con nós! ASÍ O CELEBRAMOS:
domingo, 8 de maio de 2016
UN POUQUIÑO DE ARTE
Este ano tamén estamos traballando coa arte
Comezamos no anterior trimestre coñecendo e experimentando con diferentes técnicas:
..1º- O ESGRAFIADO
2º. Xogando coas
dimensións da nosa man
3º- Pintando en
diferente tipo de papel: pintamos un pez en papel de aluminio
4º-Pintamos con cores fluorescentes unha paisaxe:
As Fragas do Eume
E
este trimestre coñecimos a Henri Matisse, a través do conto “Las tijeras de
Matisse”, de Jeanette Winter. Gustounos moito e decidimos buscar en internet
máis cousas deste pintor.
Tamén fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar os títulos de diferentes cadros de Matisse, para o que tivemos que fixarnos moito en que se vía no cadro, que cores había…e estivemos moi cerca de dicir os títulos exactos!! Pero só nalgúns, porque outros como o do caracol, sorprendeunos...
Pero nós tamén somos artistas e quixemos “pintar con tesoiras” como facía el, polo que nos puxemos mans a obra! Cada un creou o seu cadro de forma libre e tamén lle tivo que poñer o título. Mirade que exposición tan xeitosa fixemos con todas as creacións
Pero nós tamén somos artistas e quixemos “pintar con tesoiras” como facía el, polo que nos puxemos mans a obra! Cada un creou o seu cadro de forma libre e tamén lle tivo que poñer o título. Mirade que exposición tan xeitosa fixemos con todas as creacións
Pintando con tesoiras - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Por último pintamos de pé, con pincel (como facía el ao comezo) unha das súas obras máis famosas: A DANZA. Así de fermosa quedou:
xoves, 5 de maio de 2016
SEMANA DO LIBRO
Comezamos celebrando a semana
do libro facendo "madriñas e padriños lectores", unha actividade na
que participou todo o centro, onde os máis maiores léronlle contos aos
máis pequenos. Nós estivemos cos nenos e nenas de 4º. Léronnos unha morea de contos!
Por outro lado, este ano conmemoramos no cole o IV
CENTENARIO DA MORTE CERVANTES. Primeiro coñecemos a Cervantes e o seu libro
máis importante: O Quixote. Descubrimos a historia dos muíños e xogamos con Don
Quixote e Sancho. Pinchando AQUÍ podedes acceder á historia e xogos que
fixemos.
Tamén subimos á biblioteca, onde os nenos e nenas de 3º de
EP nos leron un fragmento desta obra. Fixérono de marabilla e gustounos
moito!

Asistimos ao
contacontos "Feliz Feroz. O lobo riquiño". Leandro dixo que foi un
dos contos que máis lle gustaron, e a maioría de nós coincidimos con el.
Pero ademais de
escoitar e ler contos...tamén podemos crealos! E iso foi precisamente o que
fixemos:
1- Collemos palabras do peto e saíron estas tres: GUSANO, MAGO e CARACOL.
2- Con elas tivemos que inventar unha historia. Cada grupo inventou unha parte, da que tiña a palabra inicial (HABÍA UNHA VEZ...DESPOIS....DE REPENTE...E FINALMENTE).
3-Invetaron a historia, fixeron o conto (título, ilustracións, texto...) e hoxe a contaron e se grabaron. MIRADE O BEN QUE O FIXERON;
1- Collemos palabras do peto e saíron estas tres: GUSANO, MAGO e CARACOL.
2- Con elas tivemos que inventar unha historia. Cada grupo inventou unha parte, da que tiña a palabra inicial (HABÍA UNHA VEZ...DESPOIS....DE REPENTE...E FINALMENTE).
3-Invetaron a historia, fixeron o conto (título, ilustracións, texto...) e hoxe a contaron e se grabaron. MIRADE O BEN QUE O FIXERON;
xoves, 21 de abril de 2016
HISTORIA DUN BULBO DE TULIPÁN
Este últimos meses estivemos coñecendo
e aprendendo cousas doutros seres vivos...AS PLANTAS.
Primeiro, recibimos un bulbo de tulipán
do invernadoiro "Non me esquezas” e decidimos ir á Biblioteca Municipal
Forum Metropolitano para buscar información sobre como plantalo. Alí, coa axuda
das bibliotecarias, atopamos un libro onde o explicaba.
Tamén escoitamos un conto, aprendemos
onde colocar ou buscar os libros das diferentes temáticas (animais, oficios...)
e tivemos un tempo para ver e ler libros libremente...aínda que co que nos
gustan os contos o tempo non nos chegou a nada!!
Ao volver á aula, puxémonos mans a obra:
1º Elaboramos este mural para non esquecernos de ningún paso:
2º Plantamos o bulbo de tulipán na maceta que nos regalaron:
E hoxe mesmo recibimos unha carta...da Biblioteca!!Enviáronnos una foto da no visita, recordos e animáronnos a volver cando queiramos! MOITAS GRAZAS!!
martes, 19 de abril de 2016
ANIVERSARIO DE ALEX B!
O pasado xoves Alex cumpriu 6 anos. Tiña
tantas ganas de cumprilos que soprou as velas antes de que remataramos de
cantarlle o "cumpleaños feliz"!
Así foi como o celebramos:
PARABÉNS GOLFIÑO!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














