luns, 16 de maio de 2016

Feliz día da FAMILIA!

Esta semana estivemos preparando estes pequenos agasallos (sen contarvos nada) para regalarvos. Están feitos con moito cariño polo que...esperamos que vos guste!!:D

venres, 13 de maio de 2016

Concerto!

Este xoves recibimos no cole a Pablo Díaz, quen nos deleitou con moita boa música!Así o pasamos:

mércores, 11 de maio de 2016

ANIVERSARIO DE SANTI!!

Cando comezou o mes de maio, collemos o golfiño de aniversarios e anotamos no calendario o único neno que cumpría anos neste mes da lingua. Todas e todos foron contando os días ata que chegou o 11 e.... Santi cumpriu 6 anos. PARABÉNS GOLFIÑOOO!! 
Trouxo piruletas e unha torta con forma de peixe para convidar a todos os compis e soprar as velas con nós! ASÍ O CELEBRAMOS:






domingo, 8 de maio de 2016

UN POUQUIÑO DE ARTE

Este ano tamén estamos traballando coa arte
Comezamos no anterior trimestre coñecendo e experimentando con diferentes técnicas:

..1º- O  ESGRAFIADO

 2º.   Xogando coas dimensións da nosa man

3º-  Pintando en diferente tipo de papel: pintamos un pez en papel de aluminio


4º-Pintamos con cores fluorescentes unha paisaxe: As Fragas do Eume


            E este trimestre coñecimos a Henri Matisse, a través do conto “Las tijeras de Matisse”, de Jeanette Winter. Gustounos moito e decidimos buscar en internet máis cousas deste pintor.

          
        
          Tamén fixemos un xogo no que tiñamos que adiviñar os títulos de diferentes cadros de Matisse, para o que tivemos que fixarnos moito en que se vía no cadro, que cores había…e estivemos moi cerca de dicir os títulos exactos!! Pero só nalgúns, porque outros como o do caracol, sorprendeunos...

        Pero nós tamén somos artistas e quixemos “pintar con tesoiras” como facía el, polo que nos puxemos mans a obra! Cada un creou o seu cadro de forma libre e tamén lle tivo que poñer o título. Mirade que exposición tan xeitosa fixemos con todas as creacións

     

Pintando con tesoiras - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

   Por último pintamos de pé, con pincel (como facía el ao comezo) unha das súas obras máis famosas: A DANZA.  Así de fermosa quedou:

xoves, 5 de maio de 2016

SEMANA DO LIBRO

          Comezamos celebrando a semana do libro facendo "madriñas e padriños lectores", unha actividade na que participou todo o centro, onde os máis maiores léronlle contos aos máis pequenos. Nós estivemos cos nenos e nenas de 4º. Léronnos unha morea de contos!

               Por outro lado, este ano conmemoramos no cole o IV CENTENARIO DA MORTE CERVANTES. Primeiro coñecemos a Cervantes e o seu libro máis importante: O Quixote. Descubrimos a historia dos muíños e xogamos con Don Quixote e Sancho. Pinchando AQUÍ podedes acceder á historia e xogos que fixemos.
           Tamén subimos á biblioteca, onde os nenos e nenas de 3º de EP nos leron un fragmento desta obra.  Fixérono de marabilla e gustounos moito!
       


 Asistimos ao contacontos "Feliz Feroz. O lobo riquiño". Leandro dixo que foi un dos contos que máis lle gustaron, e a maioría de nós coincidimos con el.


Pero ademais de escoitar e ler contos...tamén podemos crealos! E iso foi precisamente o que fixemos:
1- Collemos palabras do peto e saíron estas tres: GUSANO, MAGO e CARACOL. 
2- Con elas tivemos que inventar unha historia. Cada grupo inventou unha parte, da que tiña a palabra inicial (HABÍA UNHA VEZ...DESPOIS....DE REPENTE...E FINALMENTE). 
3-Invetaron a historia, fixeron o conto (título, ilustracións, texto...) e hoxe a contaron e se grabaron. MIRADE O BEN QUE  O FIXERON;

xoves, 21 de abril de 2016

HISTORIA DUN BULBO DE TULIPÁN

Este últimos meses estivemos coñecendo e aprendendo cousas doutros seres vivos...AS PLANTAS.

         Primeiro, recibimos un bulbo de tulipán do invernadoiro "Non me esquezas” e decidimos ir á Biblioteca Municipal Forum Metropolitano para buscar información sobre como plantalo. Alí, coa axuda das bibliotecarias, atopamos un libro onde o explicaba.

         Tamén escoitamos un conto, aprendemos onde colocar ou buscar os libros das diferentes temáticas (animais, oficios...) e tivemos un tempo para ver e ler libros libremente...aínda que co que nos gustan os contos o tempo non nos chegou a nada!!


Ao volver á aula, puxémonos mans a obra:

1º Elaboramos este mural para non esquecernos de ningún paso:

2º Plantamos o bulbo de tulipán na maceta que nos regalaron:
E hoxe mesmo recibimos unha carta...da Biblioteca!!Enviáronnos una foto da no visita, recordos e animáronnos a volver cando queiramos! MOITAS GRAZAS!!



martes, 19 de abril de 2016

ANIVERSARIO DE ALEX B!

O pasado xoves Alex cumpriu 6 anos. Tiña tantas ganas de cumprilos que soprou as velas antes de que remataramos de cantarlle o "cumpleaños feliz"!
Así foi como o celebramos:


PARABÉNS GOLFIÑO!!