O
venres tivemos a sorte de poder asistir ao concerto do grupo de corda
"Arcos Iris". Fíxose no noso cole e tamén asistiron os nenos e
nenas do CRA de Culleredo. A través da súa música fixéronnos sentir diferentes
emocións (medo, alegría, tristeza); trasladáronnos á praia e tocáronos unha peza
do ballet da "Bella durmiente" de Tchaikovsky (foi do que máis nos gustou!).
Tamén nos tocaron unha nana e remataron proporcionándonos alegría e enerxía con
"viva la vida". Foi un concerto moi chulo!
Este 19 de Febreiro tamén foi o aniversario de Alex S. e da súa irmá Claudia. Parabéns para os dous!:D Na aula o celebramos cunha riquísima torta, soprando as velas, con tirón de orellas, cancións e felicitacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario