Esta semana experimentamos coas cores
coa profe Eva. Isto xurdiu a partir da lectura do conto "Brancos e
negros" de David McKee. Primeiro limos este conto e falamos sobre os
conflictos, as relacións, a tolerancia, a convivencia... Tamén fixemos unhas
actividades lim del. Pulsando AQUÍ accededes ao conto e as actividades
para poder escoitar a historia e facer as actividades de novo.
Pensar en como
acabaran sendo grises os netos dos elefantes que se meteran no bosque deu pé ao
experimento... E esta semana:
1. A profe Eva
presentounos as cores primarias: azul, vermella e amarela.
2. O encargado (Alex S.) botou auga (que como vimos, é incolora) e témperas destas cores en tres botes e removeu.
3. Collimos papel absorbente (que como dixeron "bebe el agua") e os enrollamos.
4. Colocamos 3 botes vacíos e comunicamos co papel enrollado os botes con pintura cos vacíos, como na foto:
5. E fumos pacientes e esperamos... 6. Esperamos un pouco máis e a mañá seguinte...formáronse novas cores! Fixemos de 3...6!
MOITAS GRAZAS PROFE EVA!
GUSTOUNOS MOITO!:D
Ningún comentario:
Publicar un comentario