Comezamos decorando a aula cunhas árbores que quedaron chulísimas:
Seguimos pintamos a silueta da nosa árbore de Nadal, onde colgamos
as orixinais estrelas que @s golfiñ@s fixeron na casa coa axuda da familia:
Tamén ensaiamos a panxoliña de “ Buscando a Papa Noel” de Mama Cabra (se pinchades no título lévavos cun enlace á canción)
E o venres…recibimos aos Reis Magos!
…. falamos con eles e lles entregamos as nosas
cartas!
…. cantámoslles
a panxoliña que aprenderamos!
…. E agasalláronnos
cun regalo e lambonadas!
Despois chegou o momento doce, onde tod@s xunt@s degustamos produtos
típicos do Nadal: probamos turróns de diferentes tipos, mazapáns, polvoróns,…(non
nos deu para comer todo, por iso levamos para casa algunhas cousas). Pero todo isto é mellor velo...
1 comentario:
Jo!! Qué bonitoooo... muchas gracias por tu tiempo María, es un gustazo verles. Feliz Navidad! Raquel (mami Marco)
Publicar un comentario