A pasada semana Xoán deixounos unha chea de radiografías que tiña na súa
aula, onde están investigando o corpo. Quixemos aproveitalas para coñecernos un pouquiño máis por dentro!
Primeiro tentamos adiviñar que eran esas “imaxes”... sabiamos que eran para vernos o
corpo por dentro, pero non o seu nome. Despois de coñecelo e corroborar que
nelas podíamos ver os nosos ósos (e que as facían nos hospitais para saber se estaban os ósos rotos, fracturados..),
puidemos ir á venta e coa luz, observar que partes do corpo e ósos se vían en cada
unha das radiografías que tiñamos. Vimos radiografías de todas as partes do corpo, foi moi interesante e moi chulo!
Finalmente,
bailamos coa canción do esqueleto de Migallas . Pasámolo moi ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario