luns, 27 de xuño de 2016

Fin de curso!!

Nos últimos días de cole...
O LUNS:
      Veu Lucía (a nai de Serki) a contarnos o conto de Elmer! Tivemos que axudala a buscar aos animais da selva onde vivía este especial elefante, coas pistas que tan ben nos deu Serki. Gustounos un montónn!! MOITAS GRAZAASS!!!

O MARTES:
      Fomos de excursión todo infantil ao parque da Laboral. Tivemos moi bo tempo e o pasamos moi ben xogando ós diferentes xogos, mirade:
O MÉRCORES foi o último día e o máis especial.
       Compartimos cos compis o que máis e o que menos nos gustou deste curso; xogamos ás "sillas" (ao xogo tradicional e "as sillas coopertaivas", que son as que máis nos gustan); despedímonos dos recantos xogando un pouquiño máis de tempo que o resto de días. 
E  un pouco de imprevisto, antes de saír ao patio...DIXÉMOSLLE ADEUS AOS MANDILÓNS! 


(na cámara André, gravou o momento!)

Despois do recreo tivemos unha MERENDOLA CO RESTO DE COMPIS DE 5 ANOS NA CASIÑÁ (o martes enviárannos unha carta para invitarnos).
E...GRADUÁMONOS!! Puxémonos o birrete e recibimos o noso diploma e a nosa orla. MIRADE QUE GUAPOS E QUE GUAPAS QUE ESTABAMOS:

E POR ÚLTIMO SÓ DICIR...
MIL GRAZAS!!!!!
Grazas ás familias polas vosas palabras, colaboración e interese. E grazas aos meus golfiños, que me agasallaron con todo o seu cariño e momentos únicos!! Grazas por facerme tan feliz! SODES ESTUPEND@S!!! E vouvos botar moito de menos...

mércores, 15 de xuño de 2016

Visita de Claudia!:D

 A semana pasada Claudia (a nai de Antía) veu ao cole para facer un taller con nós. A actividade que nos trouxo consistía en elaborar "monecos articulados" e GUSTOUNOS UN MONTÓN!!
Primeiro tivemos que pintar e recortar o noso boneco:


Despois unimos as pernas e brazos ao corpo.

Finalmente decoramos con gomets e cuns brillantes moi chulos que nos trouxo
Como sorpresa final agasallounos cuns caramelos!(que sortee!)



MOITÍSIMAAS GRAZAAS CLAUDIA!! Estivemos encantados de que viñeras e agracedemos o teu tempo e paciencia!:D

luns, 6 de xuño de 2016

Aniversarios de Antía e Dani!!:D

Hoxe celebramos o aniversario de Antía e de Daniel! Ambos fixeron unhas coroas "moi estreladas" e como eran dous...tivemos porción dobre de torta!! Sopraron as velas, cantámoslle o "cumpleaños feliz", démoslles bicos, abrazos...e MOITOS PARABÉNS!!QUE CUMPRADES MOITOS MÁIS!!

sábado, 4 de xuño de 2016

Que tal se nos da imitar cadros?

O vernes repartímonos en grupos e cada un tivo que representar un cadro. Este foi o resultado:




luns, 30 de maio de 2016

Panadeiros e panadeiras!

A semana pasada tivemos unha saída que nos gustou moito...FOMOS A PANADERÍA CARNOEDO!!!!Alí ensináronnos  todo o proceso de elaboración do pan.
Primeiro preparáronnos para ser panadeiras e panadeiros:

En segundo lugar, fixemos boliños de pan con formas creadas por nós: houbo caracois, flores, corazóns, peixes.... E Pablo ensinounos como facer pan de chocolate!


Logo tivemos que poñer os boliños nunha máquina que daba calor para que a masa crecera. Mestres, fixemos o pan como se facía tradicionalmente: coas nosas mans. Botamos os ingredientes (fariña, levadura, auga e sal), mesturamos ben e amasamos.
Como xa pasara un tempiño fomos ver se creceran o pan con diferentes formas e...que cambio!Como medraran!Xa estaban listos para ir ó forno!
Por último, elaboramos unha torta doce, para o que tivemos que mesturar á masa do pan con  ovos e azucre, María e Pablo botaron os ingredientes na amasadora e puidemos ver como traballaba, cos seus grandes brazos de metal.
Para facer cada torta empregamos o rodillo e como toque final botáronlle aceite e azucre,
 Despois de tanto traballar sentámonos a descansar, déronnos de beber (porque estabamos sedentos), fomos o baño e falamos un pouco. 
Puidemos ver como sacaban os boliños e tortas do forno. E despois de esperar un anaquiño a que enfriara...tod@s probamos pan de chocolate!Que rico estaba!

Aquí tedes todas as fotos:
       O día seguinte decidimos facerlle unha carta a Pablo e a María para darlle as grazas polo ben que se portaron con nós, pola súa paciencia e por todo o que nos ensinaron. Tamén decidimos facerlle debuxos da experiencia.
MOITÍSIMAS GRAZAS MARÍA E PABLO!!!!

mércores, 25 de maio de 2016

Ricos amorodos!

No mes de Abril fomos ó invernadoiro a plantar amorodos co profe Xoán:
A principios de maio, cando levamos os chícharos que plantaramos no sementeiro da aula para transplantalos, botamos un ollo para ver como ían os amorodos. As flores xa se estaban transformando en fresas!

A pasada semana Marco foi a ver se os amorodos xa estaban maduros...e así era!
Por iso, este luns tod@s fomos a recollelos: uns as colleron, outr@s as levaron e outr@s as lavaron e repartiron. E por últimos...TOD@S DEGUSTAMOS!

martes, 24 de maio de 2016

Letras Galegas 2016!

      O luns celebramos o Festival das Letras Galegas (que tiveramos que atrasar polo mal tempo). Entregáronse os premios do concurso de relatos e  escoitamos os poemas recitados polos compañeir@s de primaria. Logo, tod@s xuntos cantamos a "canción do burriño" e finalizamos o acto co Himno Galego. 


       Este ano dedicouse o día das Letras Galegas a Manuel María, a quen coñecemos un pouquiño lendo uns pósters informativos que tiñamos no cole. Tamén limos algúns poemas seus e o conto de "Os bigotes de Mimí", un gato que nos gustou moito...por iso cada un fixo o seu Mimí cos seus bigotes de cores!(quedaron moi chulos aínda que non teña fotos!)