Este é o blog dos nenos e nenas de 6º A de Educación Infantil do C.E.I.P. Ría do Burgo.
xoves, 21 de xaneiro de 2016
xoves, 14 de xaneiro de 2016
ANIVERSARIO DE LEANDRO!:D
Hoxe é o aniversario de Leandro...QUE XA
CUMPLIU 6 ANOS!!PARABÉNS GOLFIÑOOO!!
Trouxo torta "para chuparse los
dedos" (como Adriana dixo); houbo música, familia, chuches... e tirón de
orellas para o neno máis maior da aula!
domingo, 20 de decembro de 2015
O NADAL NO COLE
Comezamos decorando a aula cunhas árbores que quedaron chulísimas:
Seguimos pintamos a silueta da nosa árbore de Nadal, onde colgamos
as orixinais estrelas que @s golfiñ@s fixeron na casa coa axuda da familia:
Tamén ensaiamos a panxoliña de “ Buscando a Papa Noel” de Mama Cabra (se pinchades no título lévavos cun enlace á canción)
E o venres…recibimos aos Reis Magos!
…. falamos con eles e lles entregamos as nosas
cartas!
…. cantámoslles
a panxoliña que aprenderamos!
…. E agasalláronnos
cun regalo e lambonadas!
Despois chegou o momento doce, onde tod@s xunt@s degustamos produtos
típicos do Nadal: probamos turróns de diferentes tipos, mazapáns, polvoróns,…(non
nos deu para comer todo, por iso levamos para casa algunhas cousas). Pero todo isto é mellor velo...
venres, 11 de decembro de 2015
Aniversario Brais!:D
Este venres
celebramos o aniversario de Brais (aínda que coma el aclarou, o día é mañá, 12
de decembro). Decorou a súa coroa, cantámoslle o "cumpleaños feliz", soprou
as velas, elixiu as cancións que puxemos, e invitounos a un rico biscoito...e a
unhas lambonadas!
PARABÉNS GOLFIÑO!!!E GRAZAS POR COMPARTILO CON
NÓS!
xoves, 10 de decembro de 2015
Radiografías para coñecer os nosos ósos!
A pasada semana Xoán deixounos unha chea de radiografías que tiña na súa
aula, onde están investigando o corpo. Quixemos aproveitalas para coñecernos un pouquiño máis por dentro!
Primeiro tentamos adiviñar que eran esas “imaxes”... sabiamos que eran para vernos o
corpo por dentro, pero non o seu nome. Despois de coñecelo e corroborar que
nelas podíamos ver os nosos ósos (e que as facían nos hospitais para saber se estaban os ósos rotos, fracturados..),
puidemos ir á venta e coa luz, observar que partes do corpo e ósos se vían en cada
unha das radiografías que tiñamos. Vimos radiografías de todas as partes do corpo, foi moi interesante e moi chulo!
Finalmente,
bailamos coa canción do esqueleto de Migallas . Pasámolo moi ben!
mércores, 25 de novembro de 2015
Unha "l" chea de palabras...
A semana pasada comezamos a traballar coa letra ele ("l"). E entre outras actividades, creamos esta "ele minúscula" con todas as palabras que cada golfiñ@ dixo. Aínda faltan algúns por pasalas ao ordenador, pero mirade como está quedando:
(elaborado a través de tagxedo)
venres, 20 de novembro de 2015
Contacontos coa Dragona Ramona
Este mércores visitounos a Dragona
Ramona! Tróuxonos un conto que nos gustou moito.
Fixemos un trato con ela e cada neno e nena tiña que contarlle o conto (un
anaco, podendo inventar...) a unha persoa. Elaboramos un debuxo para axudarnos a contalo. Espero que os Golfiñ@s cumpriran coa
misión e todos os papás e mamás escoitaran a historia!
Tamén
nos invitou a ir á Biblioteca de Vilaboa para visitala e pasar un fantástico
rato rodeados de contos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



