venres, 12 de febreiro de 2016

O ENTROIDO

O espírito do Entroido foise apoderando de nós durante toda a semana pasada cos “Mandadiños do Meco”.


Tamén fixemos uns antefaces xogando coas cores e a simetría. Quedaron chulísimos!

O venres convertémonos en tenistas! Tivemos unha degustación de produtos do Entroido co resto de compis de infantil; fixemos o desfile e bailamos a nosa canción  para todo o cole e as familias que acudiron! 

Celebracións e saídas...O Día da Paz

       Tiñamos o blog un pouco abandonado…coa de cousas que fixemos estas dúas semanas! Houbo aniversarios, celebracións, saídas…polo que imos a poñervos ao día:
O DÍA DA PAZ 
     O 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e a Non Violencia. Cada aula elaborou un papavento e practicou a canción de “No dudaría” de Antonio Flores. O venres xuntámonos todo o cole: levamos os papaventos pola Paz, intentamos facelos voar e cantamos a canción de Antonio Flores.Foi unha bonita conmemoración!
Na aula tamén falamos sobre a Paz e usamos a nosa creatividade para imaxinar os “SENTIDOS DA PAZ”.

xoves, 21 de xaneiro de 2016

ANIVERSARIO DE SERKI!:D

 Dende que comezou o cole despois do Nadal, Serki foi contando no calendario os días que faltaban para o seu aniversario...e por fin chegou o día 19 de Xaneiro! PARABÉNS!!
Añadir leyenda
Para celebralo trouxo unha torta con forma de tren!Tiña locomotora e dous vagóns...como nos puxemos!

xoves, 14 de xaneiro de 2016

ANIVERSARIO DE LEANDRO!:D

Hoxe é o aniversario de Leandro...QUE XA CUMPLIU 6 ANOS!!PARABÉNS GOLFIÑOOO!!

Trouxo torta "para chuparse los dedos" (como Adriana dixo); houbo música, familia, chuches... e tirón de orellas para o neno máis maior da aula!

domingo, 20 de decembro de 2015

O NADAL NO COLE

    Comezamos decorando a aula cunhas árbores que quedaron chulísimas:



             Seguimos pintamos a silueta da nosa árbore de Nadal, onde colgamos as orixinais estrelas que @s golfiñ@s fixeron na casa coa axuda da familia:

      Tamén ensaiamos a panxoliña de “ Buscando a Papa Noel” de Mama Cabra (se pinchades no título lévavos cun enlace á canción)
E o venres…recibimos aos Reis Magos!
                …. falamos con eles e lles entregamos as nosas cartas!
                …. cantámoslles a panxoliña que aprenderamos!
               …. E agasalláronnos cun  regalo e lambonadas!
         Despois chegou o momento doce, onde tod@s xunt@s degustamos produtos típicos do Nadal: probamos turróns de diferentes tipos, mazapáns, polvoróns,…(non nos deu para comer todo, por iso levamos para casa algunhas cousas). 
Pero todo isto é mellor velo...

venres, 11 de decembro de 2015

Aniversario Brais!:D

       Este venres celebramos o aniversario de Brais (aínda que coma el aclarou, o día é mañá, 12 de decembro). Decorou a súa coroa, cantámoslle o "cumpleaños feliz", soprou as velas, elixiu as cancións que puxemos, e invitounos a un rico biscoito...e a unhas lambonadas! 
 PARABÉNS GOLFIÑO!!!E GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS!



xoves, 10 de decembro de 2015

Radiografías para coñecer os nosos ósos!


             A pasada semana Xoán deixounos unha chea de radiografías que tiña na súa aula, onde están investigando o corpo. Quixemos aproveitalas para coñecernos un pouquiño máis por dentro!
             Primeiro tentamos adiviñar que eran esas  “imaxes”... sabiamos que eran para vernos o corpo por dentro, pero non o seu nome. Despois de coñecelo e corroborar que nelas podíamos ver os nosos ósos (e que as facían nos hospitais para saber se estaban os ósos rotos, fracturados..), puidemos ir á venta e coa luz, observar que partes do corpo e ósos se vían en cada unha das radiografías que tiñamos. Vimos radiografías de todas as partes do corpo, foi moi interesante e moi chulo!

            Finalmente, bailamos coa canción do esqueleto de Migallas . Pasámolo moi ben!


(P.D.:Se lle poñedes son á presentación das fotos ten a canción do esqueleto de Migallas)