Esta foi a “semana da prensa”, por iso
achegamos periódicos á aula e falamos
deles: para que se usaba, quen os facía, os seus formatos… e vimos que
había noticias de aquí (locais), de Galicia, de España…e de todo o mundo! Tamén
atopamos diferentes apartados no periódico: o de deporte, o do tempo e un
dos que máis nos gustaron…os pasatempos!
Descubrimos
as 3 partes dunha noticia: o título, a fotografía e o corpo. E para demostrar o ben que o sabíamos buscamos
noticias por parellas e rodeamos as súas partes . E o luns…esperamos as noticias
de cada golfiño!!!!prensa - Kizoa Movie Maker
Tamén foi o aniversario de Adriana, quen
apagou as 6 velas dun só soprido!!Trouxo unha riquísima torta caseira e todas e todos a
felicitamos, tirámoslle das orellas e démoslle bicos e apertas! PARABÉNS
RULIÑA!:D
Ningún comentario:
Publicar un comentario