Esta semana fixemos unha saída
a AFundación, para visitar a exposición "Eu tamén son un súper
heroe".
Na exposición
explicáronnos como se fan as películas de debuxos animados! Ensináronos todo o
proceso: primeiro hai que ter unha historia para poder comezar a debuxar aos
personaxes. Logo debemos darlle cor ao debuxo, crear o fondo e xuntando moitos debuxos
con diferentes movementos creamos a película, como en Spirit. Tamén nos ensinaron como se fan as películas de debuxos con marionetas, foi moi
interesante!
No
taller, cada un de nós, creou o seu súper heroe ou súper heroína con gomets e
debuxou onde quería estar (algúns en Marte, outros na praia, nunha
árbore, nunha montaña, na casa...houbo variedade!).
Tamén
aprendemos como temos que comportarnos nos museos e vimos a primeira película
de debuxos animados da historia.Tiña arredor de 200 anos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario