xoves, 15 de outubro de 2015

Debullamos millo!

         A chegada do Outono deunos moito que falar, aprender, traballar e pasalo ben.
        A pasada semana trouxemos á aula mazorcas de millo. Despois de observalas, tocalas, describir as súas partes, que se pode facer con elas... tivemos que debullalas!

 Unha forma diferente e moi divertida de mellorar a nosa psicomotricidade fina, mirade mirade!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design created with Smilebox

martes, 6 de outubro de 2015

Comezamos o PROXECTO DO UNIVERSO

              Esta mañá chegou á aula una caixa, que abrimos coa axuda da encargada Carla. Nela atopamos unha nota onde se nos informaba de que os nenos e nenas de 5 anos do CEIP da Ría do Burgo eramos os encargados de dirixir unha investigación sobre o universo!!
              Moi emocionados e contentos pensamos "a quen lle poderíamos pedir axudar para tal misión?"  e o nome de nais e pais (e avós, tías, amig@s...) foron xurdindo. Por eso elaboramos unha nota como esta para pedirvos colaboración.

ESPERAMOS A VOSA RESPOSTA!


sábado, 26 de setembro de 2015

Botando a vista atrás...o mellor do VERÁN 2015

            Ao comezar o colexio, quixemos compartir retazos deste verán que acababa de rematar. Por iso, botamos a vista atrás para rememorar o mellor deste xullo e agosto. Seguimos o seguinte proceso:


1º Debuxamos o noso mellor recordo nun folio con forma de ollo.
2º Contamos aos compañeiros e compañeiras o que debullaramos. Todos e todas levaron unha gran ovación tras a súa explicación!!
3º Creamos as nosas pestanas:

E mirade que muro cheo de recordos gardados neses ollos que miraros para atrás:






COÑECÉNDONOS CON CORAZÓN

                  O primeiro día de clase, ademais de profe nova...tamén coñecemos a unha nova compañeira: BENVIDA ANTÍA!:D


            Para coñecernos mellor, xogamos ao xogo de "coñecéndonos con corazóns", onde tivemos que buscar as nosas mitades, encaixar, describirnos e debuxar fielmente como eran as nosas compañeiras e compañeiros. Todas e todos estivemos moi atentos a poñerlles o seu color de pelo, de ollos... e descubrir os seus gustos. Este foi o resultado: