O último día de Xaneiro Amanda estivo de aniversario, e tod@s os Golfiñ@s a quixemos felicitar! Parabéns ruliña!
Á volta das vacacións de Entroido, a 11 de Febreiro, André tamén cumpriu 6 anos! Parabéns golfiño!
Este é o blog dos nenos e nenas de 6º A de Educación Infantil do C.E.I.P. Ría do Burgo.
domingo, 14 de febreiro de 2016
venres, 12 de febreiro de 2016
O ENTROIDO
O espírito do Entroido foise apoderando de nós
durante toda a semana pasada cos “Mandadiños do Meco”.
Tamén fixemos uns antefaces xogando
coas cores e a simetría. Quedaron chulísimos!
O venres convertémonos en tenistas! Tivemos
unha degustación de produtos do Entroido co resto de compis de infantil;
fixemos o desfile e bailamos a nosa canción para todo o cole e as familias que acudiron!
Celebracións e saídas...O Día da Paz
Tiñamos o blog un pouco abandonado…coa de cousas que fixemos estas dúas semanas! Houbo aniversarios, celebracións, saídas…polo que imos a poñervos ao día:
O DÍA DA PAZ
O 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e a Non Violencia. Cada aula elaborou un papavento e practicou a canción de “No dudaría” de Antonio Flores. O venres xuntámonos todo o cole: levamos os papaventos pola Paz, intentamos facelos voar e cantamos a canción de Antonio Flores.Foi unha bonita conmemoración!
Na aula tamén falamos sobre a Paz e usamos a nosa creatividade para imaxinar os “SENTIDOS DA PAZ”.
O DÍA DA PAZ
O 29 de Xaneiro conmemoramos o día da Paz e a Non Violencia. Cada aula elaborou un papavento e practicou a canción de “No dudaría” de Antonio Flores. O venres xuntámonos todo o cole: levamos os papaventos pola Paz, intentamos facelos voar e cantamos a canción de Antonio Flores.Foi unha bonita conmemoración!
Na aula tamén falamos sobre a Paz e usamos a nosa creatividade para imaxinar os “SENTIDOS DA PAZ”.
xoves, 21 de xaneiro de 2016
ANIVERSARIO DE SERKI!:D
xoves, 14 de xaneiro de 2016
ANIVERSARIO DE LEANDRO!:D
Hoxe é o aniversario de Leandro...QUE XA
CUMPLIU 6 ANOS!!PARABÉNS GOLFIÑOOO!!
Trouxo torta "para chuparse los
dedos" (como Adriana dixo); houbo música, familia, chuches... e tirón de
orellas para o neno máis maior da aula!
domingo, 20 de decembro de 2015
O NADAL NO COLE
Comezamos decorando a aula cunhas árbores que quedaron chulísimas:
Seguimos pintamos a silueta da nosa árbore de Nadal, onde colgamos
as orixinais estrelas que @s golfiñ@s fixeron na casa coa axuda da familia:
Tamén ensaiamos a panxoliña de “ Buscando a Papa Noel” de Mama Cabra (se pinchades no título lévavos cun enlace á canción)
E o venres…recibimos aos Reis Magos!
…. falamos con eles e lles entregamos as nosas
cartas!
…. cantámoslles
a panxoliña que aprenderamos!
…. E agasalláronnos
cun regalo e lambonadas!
Despois chegou o momento doce, onde tod@s xunt@s degustamos produtos
típicos do Nadal: probamos turróns de diferentes tipos, mazapáns, polvoróns,…(non
nos deu para comer todo, por iso levamos para casa algunhas cousas). Pero todo isto é mellor velo...
venres, 11 de decembro de 2015
Aniversario Brais!:D
Este venres
celebramos o aniversario de Brais (aínda que coma el aclarou, o día é mañá, 12
de decembro). Decorou a súa coroa, cantámoslle o "cumpleaños feliz", soprou
as velas, elixiu as cancións que puxemos, e invitounos a un rico biscoito...e a
unhas lambonadas!
PARABÉNS GOLFIÑO!!!E GRAZAS POR COMPARTILO CON
NÓS!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





